Outra fin de semana de excelentes noticias para o tríatlon galego que segue crecendo e facéndonos gozar a partes iguais.
O sábado pola tarde celebrábamos o Campionato Xunta de Galicia de Acuatlon en Combarro onde a triatleta do Tríatlon Rías Baixas Anais Rivas acadaba o título de campiona galega de Acuatlón, por diante de Miriam Trigo e Claudia Villar. Na categoría masculina, o novo campión galego de Acuatlón é o triateta junior do Inforhouse de Santiago, Juan Pablo Díaz Oiza, acadando a victoria da proba por diante de Pedro Pablo Bernárdez e David González.
![acuatlon categoria feminina](https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/09/acuatlon-categoria-feminina-1024x768.jpg)
Foto de Tríatlon Rías Baixas
![acuatlon categoria masculina](https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/09/acuatlon-categoria-masculina-1024x768.jpeg)
Foto de Xavi Castro
En Roquetas de Mar vivimos unha fin de semana de tríatlon con moitos galegos e galegas en todas as probas disputadas durante o sábado e o domingo. As chicas do Cidade de Lugo Fluvial non fallaron na gran final e convertíronse nas gañadoras da Copa da Reiña Iberdrola de Tríatlon por diante do Diablillos de Rivas e o Náutico de Narón que acadaba a terceira posición no podio final.
![fin de semana de triatlon](https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/09/Podium-elite-Copa-de-la-Reina-Iberdrola-FETRIRoquetasDeMar-1-1024x577-1.jpeg)
Foto da Federación Española de Triatlon
Na categoría masculina, o equipo do Cidade de Lugo Fluvial logrou a segunda posición na Copa do Rei GOfit, despóis de loitar ata o final por superar o excelente tempo do equipo da Universidade de Alicante que acadou o triunfo.
![cidade de lugo fluvial](https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/09/cidade-de-lugo-fluvial-1024x1024.jpeg)
Foto de Cidade de Lugo Fluvial
Ademáis recibimos moi boas noticias dos outros equipos galegos que participaron nas diferentes probas do sábado.
Na proba de relevos celebrada o domingo, as chicas do Cidade de Lugo Fluvial repetiron victoria na proba femenina e destacamos tamén as rapazas do Inforhouse de Santiago que lograban a victoria no Campionato de España de Tríatlon por Relevos de Talentos e a segunda posición do Cidade de Lugo na categoría élite masculina.
Grandes resultados nas probas do domingo para os triatletas galegos en Roquetas de Mar.
A Federación Española de Tríatlon fixo unha excelente reportaxe en formato vídeo de todas as probas de Roquetas de Mar, podedes consultalo no seu Canal de Youtube.
Saleta Castro e Pablo Dapena facíannos madrugar para a disputa do Campionato do Mundo de Longa Distancia en Almere, onde acadaron o octavo e sexto posto respectivamente.
![pablo dapena](https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/09/pablo-dapena-461x1024.jpeg)
Foto de Tríatlon Rías Baixas
Saleta Castro acadou un excelente resultado, conseguindo mellorar o seu posto de Pontevedra, despóis de facer unha moi boa maratón. Pablo Dapena, pola súa parte, entrou na sexta posición final, nunha proba onde os 180 kilómetros de ciclismo foron o xuíz da proba, xa que os triatletas máis rápidos sobre dúas rodas acadaron as primeiras posicións fináis. A pesar de non poder loitar pola victoria, o triatleta galego fixo un gran sector de carreira a pé e determinou as primeiras posicións, fixo unha gran carreira a pé, recuperando o tempo perdido na bici, nun circuito totalmente chán, que lle fixo perder moitos minutos cos tres primeiros da proba.
![saleta castro almere](https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/09/saleta-castro-almere.jpg)
Foto da Federación Española de Tríatlon
E como prato especial, esta fin de semana tamén disfrutamos da final do Gran Prix de Tríatlon en Francia, onde o equipo de Xavier Gómez Noya o Triathlon Club Lievin conseguíu a terceira posición final, nunha proba moi intensa de principio a fin. ⤵️⤵️⤵️
Próximo destino… DESAFÍO ISLAS CÍES
![desafio islas cies cristobal dios](https://fegatri.org/wp-content/uploads/2021/09/desafio-islas-cies-cristobal-dios-1024x678.jpg)
Foto de Cristobal Dios