GRANDES ÉXITOS PARA DEPORTISTAS E CLUBS GALEGOS NUNHA INTENSA FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN NACIONAL E INTERNACIONAL
O TRÍATLON ESTÁ DE VOLTA! –
sábado, 5 de setembro de 2020
CAMPIONATO DO MUNDO DE TRIATLÓN (HAMBURGO)
Antonio Serrat (Triatlon O Vao), convocado coa selección Española de Tríatlon para participar neste campionato que na tempada 2020 e debido ás condicións sanitarias provocadas pola COVID19, se celebra nunha proba única e sobre distancia sprint. Foi unha proba atípica, que puxo de manifesto as diferenzas que provocou esta pandemia nos distintos países e que condicionou o rendemento dos deportistas con diferentes condicións de adestramento segundo a evolución da pandemia en cada país, o acceso aos adestramentos e instalacións. A proba disputouse sobre distancia sprint (1500m. natación-20 Km. Ciclismo -5 Km. de Carreira a pé) o que tamén afectou a algunha das grandes figuras do tríatlon. O Galego saíu da natación co resto dos deportistas da Triarmada e no ciclismo traballou para manterse no segundo grupo perseguidor do de cabeza onde se atopaban os irmáns Bronwlee e Vincent Luis, quen finalmente conseguiu o título. Antonio fixo unha boa transición e unha gran carreira a pé conseguindo un meritorio 24ºposto e sendo ademais o primeiro español en cruzar a liña de meta.
Serrat formou parte así mesmo do Equipo de Relevos Mixtos que tamén disputou o Campionato do Mundo e onde conseguiron finalmente unha 14ª posición.
Resultados.- https://www.triathlon.org/results/result/2020_itu_world_triathlon_hamburg
CAMPIONATO DE ESPAÑA ELITE DE TRIATLON OLÍMPICO- BANYOLES
Case ao mesmo tempo estábase a disputar en Banyoles o Campionato de España Olímpico Elite, onde deportistas e clubs galegos acadaron importantes resultados.
A competición que se disputou seguindo importantes medidas de prevención e seguridade pero xa con público controlado, celebrouse sobre distancia olímpica (1500m. natación- 40km. ciclismo-10km. carreira), no formato tradicional con drafting permitido. Comezaba o día coa elite feminina onde o AD Náutico de Narón subiu ao 3º chanzo do podio de clubs, finalizando 20ª Sara Guerrero (10ª SUB23) cun tempo de 2:08:54 e 30ª Marta Barbeito con 2:13:40 ambas do antedito club.
En canto á participación individual Andrés Cendán- Cidade de Lugo , deportista bolseiro no CGTD-Rendemento foi o mellor clasificado cunha 4ª posición (1:46:10) a piques de podio; o resto de deportistas de Galicia conseguiron tamén bos resultados axudando aos seus clubs a subir ao podio. 7º Antón Ruanova (1:47:23), 16º Iván Raña(1:48:33) ambos do Arcade Inforhouse, 23º Guillem Montiel-Cidade de Lugo Fluvial (01:49:31) , 26º Iago Lorenzo-Jealsa Triatlon Boiro (1:50:06) e por último, 42º Iván Rubio e 59º Ismael Vieitez ambos do Triatlón Arteixo
Na clasificación de clubs Galicia subiu ao máis alto, poñendo de relevancia unha vez máis a súa calidade e gran labor deportiva realizada día a día polos nosos clubs. 1º Cidade de Lugo e 2º Arcade Inforhouse.
Resultados.- https://triatlon.org/evento-seleccion-clasificacion/?alias=2020-cto-esp-triatlon-banyoles
Domingo, 6 de setembro de 2020
COPA DE EUROPA DE TRIATLÓN JUNIOR-BANYOLES
O domingo continuaba o espectáculo no lago de Banyoles cunha proba de Copa de Europa Junior onde houbo unha importante participación nacional. A proba disputouse sobre distancia sprint (750m. natación-20Km. ciclismo-5Km. Carreira a pé).
O día arrancaba coa competición feminina na que participaban varias deportistas do Centro Galego de Tecnficación Deportiva e aportou de novo títulos para Galicia. Natalia Castro (AD Náutico de Narón) que se mantivo sempre no grupo de cabeza, disputou o podio na carreira a pé coa catalá Helena Moragás 1ª e a portuguesa María Tomé que só lle sacou 2 segundos conseguindo a 3ª posición do podio. As súas compañeiras do centro tamén realizaron moi boa actuación, 8ª Carla Guisande (Cidade de Lugo Fluvial) e 10ª Nerea García (AD Náutico Narón ).
Rematada a carreira feminina era a quenda para os rapaces, dende a primeira transición Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) e Jorge González(Arcade Inforhouse Santiago) marcharon no grupo de cabeza realizando un importante traballo no ciclismo chegando á transición 2 nun grupo de 5 de deportistas. O portugués Alexandre Montez sacou unha leve vantaxe na meta e finalmente Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) foi 2ª posición sacandolle 18” ao seu compañeiro de selección Joan Reixach que completou o podio. Jorge González (Arcade Inforhouse Santiago) 4º, 18º Alexandre Álvarez Ferreira (Cidade de Lugo Fluvial) , 22º Alejandro Rodríguez (Triatlón Ferrol) e 26º David Gonzalez Borges (Cidade de Lugo Fluvial)
Resultados.- https://www.triathlon.org/results/result/2020_banyoles_etu_triathlon_junior_european_cup
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIATLÓN DE RELEVOS MIXTOS- LIGA NACIONAL DE CLUBS DE TRÍATLON
Celebradas as probas internacionais, chegou o comezo da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon coa competición do Cpto de España de Relevos mixtos. A proba disputouse baixo as liñas preventivas da normativa COVID19, onde o relevo se daba sen contacto. Os equipos mixtos compostos por 2 mulleres e 2 homes que competían de xeito alterno, comezando cunha deportista feminina e rematando cun deportista masculino, debendo completar cada quen 250 m. de natación, 6,6 quilómetros de bicicleta e 1,6 quilómetros de carreira a pé. O Cidade de Lugo Fluvial ergueuse co título de Campión de España da Modalidade liderando o comezo da Liga de Tríatlon de clubs cun equipo formado por ( María Rico, Andrés Cendán, Cecilia Santamaría y Kevin Tarek Viñuela), sendo segundos Fast Triatlon – CN Montjuïc e 3º Saltoki Trikideak. O resto de equipos galegos seguen posicionándose tamén e colleitando resultados para o seu palmarés. 8º AD Náutico de Narón, 16ª Arcade Inforhouse Santiago, 20º Triatlón Arteixo e 24º Club Olímpico de Vedra
Resultados.-https://triatlon.org/evento-seleccion-clasificacion/?alias=2020-cto-esp-triatlon-por-relevos-mixto-banyoles