Grandes resultados dos Galegos en Banyoles

24 de Setembro de 2024

O pasado 7 e 8 de setembro celebráronse en Banyoles os Campionatos de España de distancia sprint, para as categorías xuvenil e junior que tiveron lugar o sábado e o de distancia olímpica elite, o domingo.

O sábado comezaba coa saída da categoría junior feminina na que a vitoria foi para Cristina Jiménez-Orta e na que a galega Marta Novo proclamábase subcampioa de España cun tempo de 1h03´15´´.

En junior masculino a vitoria foi para Héctor Tolsá, e o mellor galego foi Jarno Pousada, cun quinto que completou a proba nun tempo de 55´41.

Despois das probas da categoría junior era a quenda da categoría xuvenil. Na proba feminina a vitoria foi para Amanda García. A mellor galega foi Marta Pereira-Borrajo que concluía a proba nun tempo total de 1h07´31´´.

Na proba masculina o galego Damián Suarez proclamábase campión de España cun tempo total de 58´02.

O domingo era quenda da categoría elite.

A mañá comezaba coa saída feminina. Sara Guerrero incrementaba o seu palmarés co título de Campioa de España de Tríatlon distancia olímpica 2024 asinando un rexistro de 1h59’45’’ tras deixar atrás a todas as súas rivais na carreira a pé. Sara Guerrero gañaba tamén o camisola Loterías ao mellor parcial de natación. María Alzaga finalizaba quinta, e colocábase no pódium Sub23 coa medalla de bronce por detrás de María Casals e Maite Jiménez-Orta.

Na categoría masculina a vitoria foi para Pelayo González que se finalizaba en 1:44:18. Esteban Basanta conquistou o terceiro posto no campionato de España elite e o segundo posto como Sub-23 cun tempo de 1h44´52´´. Nesta mesma categoría o bronce foi para Andrés Prieto que en elite levaba o cuarto posto en canto a clasificación nacional, concluíu a proba en 1h45´02´´.

Quizáis che interese…