GRANDES RESULTADOS DOS TRIATLETAS GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON EN ÁGUILAS

19 de Setembro de 2023

Na carreira elite Sara Guerrero do Nautico de Narón e Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial, conseguiron a 2º posición sendo os mellores galegos no campionato.
• O Náutico de Narón proclamouse campión de España de Tríatlon por Remudas Mixtas de Talentos, última xornada da liga Nacional de Clubs de Tríatlon de Talentos.
• Tamén se disputou na xornada do sábado a competición nacional de distancia Sprint para Grupos de Idade femininos e masculinos, na que participaron case 400 deportistas cun gran ambiente en todos os segmentos.

Sara Guerrero do Náutico de Narón, despois dunha boa natación no grupo de cabeza, tentou marcharse con 2 triatletas no ciclismo, pero acabou por descolgarse dese grupo de cabeza para formar parte dun grupo perseguidor que acabaría alcanzado á cabeza de carreira. No segmento de carreira a pé Noelia Juan marchábase en solitario para conseguir a vitoria, con Sara Guerrero conseguindo a segunda posición.

O título Sub-23 era para Clara Aulinas, con Mariña Caraballo e a galega Elsa Pena, de Cidade de Lugo Fluvial, terceira.

David Canteiro dominou tamén a carreira Elite Masculina, destacándose no segmento de carreira a pé. Por detrás perseguíalle Esteban Basanta, do Cidade de Lugo Fluvial, que acabaría 2º tras estar sempre no grupo de cabeza.

O título Sub-23 era para David Canteiro, e a prata para Esteban Basanta. Nas mulleres Elsa Pena conseguiu a 3º posición e tamén o maillot Loterías… O maillot de Loterías entregábaselle á primeira e o primeiro triatleta Elite en alcanzar a T2, é dicir, en completar o sector de natación e ciclismo máis rápido.

Doutra banda, no Campionato de España Remudas Mixtas de Talentos, o Náutico de Narón proclamouse campión de España de Tríatlon por Remudas Mixtas de Talentos, na última xornada da liga Nacional de Clubs de Tríatlon de Talentos. A medalla de Bronce era para o Cidade de Lugo Fluvial.

Na categoría Open, Campionato de España de Remudas Mixtas de Talentos o ouro foi para o Cidade de Lugo Fluvial, por diante de Montilla Córdoba Tríatlon e Tríatlon Ferrol en 3º lugar.

 

O Domingo 16, as finais do Campionato de España de Tríatlon Sprint cadete, xuvenil e júnior, tras a clasificación de deportistas en series preliminares, resultaron moi emocionantes e disputadas. Na categoría cadete a galega do Cidade de Lugo Fluvial Carmen Rábade, facíase coa 2º posición…

Na categoría xuvenil, o título de campioa de españa foi para Candela Sánchez, do Náutico de Narón, realizando unha carreira espectacular de principio a fin. No pódium por equipos femininos xuvenís a vitoria foi para o Náutico de Narón, e por equipos masculinos o 2º e 3º lugar foi para o Club Natación Cedeira Muebles García e AD Fogar.

Na categoría júnior levou a vitoria Jarno Pousada, do Cidade de Lugo Fluvial. Os títulos de clubs júnior foron para Diablillos de Rivas, tanto feminino como masculino, seguidos por Stadium Casabranca Mapei e Cidade de Lugo Fluvial femininos; e Saltoki Trikideak e Tríatlon Albacete Ingeteam.

Quizáis che interese…