¡GRAZAS A TODOS/AS!
Dende a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno queremos agradecer a todos: Concello de Pontevedra, Secretaría Xeral Para o Deporte, ás empresas Pescamar e Gadis , así como ós cidadáns de Pontevedra pola súa colaboración, comprensión, implicación e calor humana, por ter feito posible que o Campionato do Mundo de Duatlón – Pontevedra 2014 fose todo un éxito, pasando á historia como un dos campionatos mellor organizados ata o momento.
Este evento non sería posible sen a colaboración dos voluntarios, Policía Local, IMD,Protección Civil, Bombeiros, xuíces, persoal sanitario, persoal do Concello e membros da Federación, que tiveron un labor de altísimo nivel, entregando durante varios días un esforzo encomiable e poñendo todo o seu saber e empeño para sacar o Campionato adiante.
Tamén queremos dar as grazas ós protagonistas reais do evento, é dicir, ós duatletas que se deron cita neste campionato, que contribuíron a que as distintas probas foran dunha gran calidade deportiva, intensas e vibrantes.
Grazas a eventos desta relevancia o deporte galego, colle un peso moi salientable dentro do deporte español e mundial, ademais de contribuír para que siga habendo apoios para que os nosos rapaces continúen practicando e a sociedade en xeral se achegue ó deporte.
FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E P.M.