Gustavo Rodríguez e Marina González (ambos do Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe gañadores do III Dúatlon Popular de Tomiño, nunha proba na que participaron 100 deportistas.
Gustavo Rodríguez chegou a meta cun tempo de 56:15 e unha cómoda vantaxe sobre o segundo, Brais Misa (Atletismo Porriño) que fixo un tempo de 57:21. A terceira posición foi para José Luis Dorado (TRinorth-Nogasa).
Na categoría feminina triunfo claro de Marina González (01:11:03), con 3:40 de vantaxe sobre Begoña Arranz (Trinorth-Nogasa).
A proba celebrouse sobre a distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe).