INFORMACIÓN TRIATLÓN POPULAR VILA DE ALLARIZ- ACTIVACIÓN PLAN DE CONTINXENCIA – ALERTA PROHIBICIÓN ACTIVIDADE ACUÁTICA NA PROVINCIA OURENSE

20 de Agosto de 2025

Informase que acabamos de recibir alerta da Secretaría Xeral para o Deporte  coa suspensión de actividades náuticas/acuáticas na provincia de Ourense ata novo aviso, de cara a facilitar as labores de carga de auga dos medios aéreos e terrestres que traballan na extinción  da vaga de incendios que está  afectando a toda a provincia.
Tendo en conta isto informase que de ser necesario a organización ten preparado o plan de continxencia da proba  para executar a mesma,  de acordo ao artigo 2.11- CONDICIÓNS EXCEPCIONALES do Regulamento Oficial de Competicións da FETRI. Se a alerta non se levantase antes do sábado convertiríase nun dúatlon co formato establecido nestes casos,  2500m (1v) / 24Km(2v) / 5000m(2v).
Froito da solidariedade que o noso deporte sempre manifestou, debemos ser conscientes da situación que está a vivir Galicia, especialmente na provincia de Ourense, colaborando para  que canto antes se restableza a seguridade nas poboacións da nosa comunidade .
Consultada á Secretaría Xeral para o Deporte sobre o comunicado e indícannos que a situación se está actualizando minuto a minuto e de cambiar a mesma se emitirá o levantamento da prohibición de inmediato.
Pregamos lle deades difusión e desculpedes as molestias que isto poida ocasionar.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.