INMELLORABLE FIN DE SEMANA PARA A FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR AUTONOMÍAS EN MÉRIDA

4 de Xullo de 2024

A pasada fin de semana, o día 28 de xullo, máis de 700 deportistas disputaron o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar CSD CESA, para as categorías infantil e cadete; o Campionato de España de Tríatlon por Autonomías, para as categorías absolutas; e os campionatos de España de Relevos Mixtos en Idade Escolar e por Autonomías.

Ademais, celebrouse a proba de Relevo Mixto Inclusivo por Comunidades Autónomas tanto escolar como absoluto, coa colaboración da Fundación Sanitas apoiando á Federación Española de Tríatlon.

No Campionato de España en Idade Escolar CESA, o noso mellor galego foi Luis Piña, 5º, seguido de Jesús Patiño, 22º, e Ariel Soto, 23º. Desexamos unha pronta recuperación a Adrián Rodríguez, que tivo unha caída no sector ciclista ocasionándolle unha pequena fractura na boneca (escafoide).

 

 

 

 

 

Nas rapazas, no Campionato de España en Idade Escolar CESA, a mellor galega foi Carmen Rábade, 5ª, seguida de Cristina Gómez, 16ª, Irene Santomé, 17ª, e Eugenia Vérez, 25ª.

No Campionato de Seleccións Autonómicas Absolutas, Galicia fixo dobrete na primeira xornada do Campionato de España de Tríatlon por Seleccións Autonómicas, impoñéndose tras as dúas series clasificatorias e a gran final de cada categoría, feminina e masculina.

Na xornada do domingo, tamén tivemos un día cheo de tríatlon coas probas de Relevos Mixtos e Inclusivos.

Nos relevos mixtos escolares, na categoría cadete, o equipo A de Galicia conseguiu a 7ª posición e o equipo B a 14ª. Na categoría infantil, o equipo galego conseguiu a 1ª posición tras unha carreira practicamente perfecta.

No Campionato de España de Tríatlon por Autonomías por relevos mixtos, a selección absoluta de Galicia levou a vitoria tras unha carreira sen fallos onde os 4 integrantes do equipo deron todo para conseguir esta vitoria. Cun total de 57 puntos, Galicia superou en seis ás seleccións de Andalucía e Madrid.

No Campionato de España de Tríatlon por Autonomías, a selección absoluta de Galicia adxudicouse o Campionato de España de Tríatlon por Autonomías con dúas vitorias nas probas femininas e masculinas do sábado, e o triunfo tamén no Relevo Mixto do domingo. ¡Parabéns!

Por outro lado, o Relevo Mixto Inclusivo escolar e absoluto foi un momento importante e destacado da segunda xornada de competicións en Mérida. Nas carreiras do Relevo Inclusivo, coa colaboración da Fundación Sanitas, as seleccións autonómicas presentaron equipos compostos por un triatleta, unha triatleta e un ou unha paratriatleta. Nesta categoría, Galicia conseguiu a 3ª posición con un equipo formado por Adrián Canosa, Noa Villadoniga e Carla Santoro.

Os resultados do Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar CESA, Relevo Mixto Infantil e Relevo Inclusivo Escolar están aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1148 

Os resultados do Campionato de España de Tríatlon por Autonomías e o Relevo Inclusivo Absoluto están aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1147 

Quizáis che interese…