Intenso fin de semana para todo o tríatlon galego esta fin de semana na Coruña.
O sábado o equipo feminino do Náutico de Narón gañou a proba élite por diante do Cidade de Lugo Fluvial e o Diablillos de Rivas.
O equipo feminino do Cidade de Lugo Fluvial acadou a victoria final da Liga Iberdrola co segundo posto conseguido, sendo a segunda praza final para o Náutico de Narón.
Na proba masculina a victoria foi para Saltoki Trikideak, por diante de Diablillos de Rivas e Cidade de Lugo Fluvial. O equipo lucense conseguíu os puntos necesarios para manterse na primeira posición da clasificación final, a falta da xornada do Domingo.
A xornada do Domingo quedaba reservada para as probas de relevos mixtos e a Copa do Mundo de Paratriatlon.
O equipo navarro do Saltoki Trikideak gañou a proba de A Coruña, por diante de Diablillos de Rivas e CEA Bétera.
O Cidade de Lugo Fluvial certificou o seu triunfo na Liga Nación de Clubes de Tríatlon masculina e na Liga Iberdrola feminina, tras defender nas dúas xornadas de A Coruña os máximos puntos posibles.
O podio da Liga Iberdrola foi:
1. Cidade de Lugo Fluvial
2. Náutico de Narón
3. Diablillos de Rivas
O podio da Liga Nacional de Clubes de Tríatlon foi:
1. Cidade de Lugo Fluvial
2. Diablillos de Rivas
3. Saltoki Trikideak
Gran nivel e moitas victorias con moi bos resultados na Copa do Mundo de Paratriatlon celebrada na xornada do Domingo en Coruña. A paratriarmada española conseguía sete medallas con catro oros para a galega Susana Rodríguez en PTV1, Andrea Miguélez en PTS4, Lionel Morales en PTS2 e Dani Molina en PTS3.
Resultados Copa do Mundo de Paratriatlon Coruña 2022
O Domingo tamén chegaron boas noticias para todo o tríatlon galego coa volta á competición de Pablo Dapena e a súa excelente victoria no Challenge de Gdansk, ademáis do quinto posto de Esteban Basanta na Copa de Europa de Kitzbühel.
Ver esta publicación en Instagram