O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, ofreceu no día de hoxe unha recepción aos deportistas galegos que lograron medallas nos campionatos internacionais das diferentes modalidades. Entre os homenaxeados figuraban Javier Gómez Noya, que se proclamou campión do mundo de tríatlon este ano por quinta vez, e Susana Rodríguez, que acadou a medalla de bronce no Mundial de Paratriatlon. Gómez Noya non puido acudir ao acto, por atoparse de viaxe.
Noraboa para todas e todos!