LARA LOIS E DARÍO OTERO, GAÑADORES DO DÚATLON CROSS DE MASIDE

22 de Xaneiro de 2017

Lara Lois (licenza dun día) e Darío Manuel Otero Pampín (Tríatlon O Treito) proclamáronse hoxe vencedores do  VII Dúatlon Cross Concello de Maside, segunda proba do circuíto galego 2017 na que participaron máis de cen deportistas.

IMG-20170122-WA0011Na categoría feminina repetiu triunfo a gañadora do Dúatlon Cross de Beariz, Lara Lois, e volveu facelo con bastante comodidade e dominando a proba de principio a fin. Lara Lois foi primeira cun tempo de 02:03:48, mentres que en segunda posición chegou Lucía Vázquez (licenza dun día) cun tempo de 02:12:25; e terceira foi Diana Blanco (licenza dun día) cun tempo de 02:20:28.

Na proba masculina, a carreira comezou moi rápida dominando o primeiro segmento Juan Díaz e Darío Otero, ata que na bicicleta Darío logrou poñerse como líder e foi aumentando a distancia volta a volta para converterse no claro vencedor da proba, mentres que por detrás David Calzas logrou a segunda praza.  David Pérez e Bruno Da Silva Sousa loitaron polo terceiro posto, que finalmente foi para Pérez. Así o podio quedou formado da seguinte forma: Darío Manuel Otero (Tríatlon O Treito) logrou o triunfo cun tempo de 01:42:35, seguido por David Calzas (Tríatlon Costa da Morte), que parou o crono en 01:46:24 e o terceiro posto foi para David Pérez (Team Corbelo) cun tempo de 01:47:56.

 

Os gañadores doutras categorías foron:

  • Veterán 1: Ana María López (Tri Ourense) e Elpidio Gómez (licenza dun día).
  • Clubs: Tríatlon O Treito (masculino).

 

Os participantes tiveron que correr 6 quilómetros, 20 quilómetros en bicicleta de montaña e remataron con 3 quilómetros a pe. A proba comezou na Alameda de Maside (11:00 horas) e o circuíto de bicicleta discorreu nun 85 por cento por montaña, pola paraxe natural do Puzo do Lago.

 

O Circuíto Galego de Dúatlon Cross 2017 está formado por tres probas: Beariz, Maside e Candeán. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), júnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto. Na proba de Beariz, disputada a pasada fin de semana, proclamáronse vencedores Lara Lois (licenza dun día) e David Calzas (Tríatlon Costa da Morte).

 

 

 

Quizáis che interese…