O mundo do tríatlon está de loito polo pasamento do triatleta francés Laurent Vidal, de 31 anos de idade, tras sufrir un paro cardíaco.
Dende a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno queremos sumarnos a dor da súa familia e amigos neste doloroso e complicado momento e recordar a este grandísimo triatleta que nos fixo vivir grandes momentos deportivos.
Laurent Vidal, que foi quinto nos Xogos Olímpicos de Londres, sufrirá xa un problema cardíaco en abril do pasado ano mentres adestraba, motivo polo que abandonou a alta competición.