MÁIS DE 200 DEPORTISTAS NO VERTIATLON SOLIDARIO DE BAIONA.

12 de Setembro de 2019

Máis de 200 atletas participarán este sábado en Baiona nunha nova edición do Vertiatlon Solidario, un tríatlon con formato sprint que leva cinco anos recadando fondos para a Escola de Vela Adaptada de persoas con discapacidade do Monte Real Club de Yates.

Precisamente é o club baionés que, da man do concello de Baiona, a colaboración da Federación Galega de Triatlón e o patrocinio de Verti Seguros, impulsa esta proba solidaria co obxectivo de poder continuar financiando todos os cursos e actividades que organiza de balde para que as persoas con diversidade funcional poidan navegar e gozar do mar en condicións iguais.

A presentación oficial da quinta edición do Vertiatlon Solidario de Baiona celebrouse esta mañá no Monte Real Club de Yates coas intervencións do alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o secretario xeral para Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o director xeral de maiores e persoas con discapacidade, Ildefonso de la Campa; o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez; o delegado da FEGATRI en Pontevedra, Enrique Hernández; e a responsable de mercadotecnia de Coca Cola European Partners, María Troncoso.

Nesta quinta edición, o Vertiatlon Solidario manterá o mesmo deseño da proba que en ocasións anteriores. Terá o esquema dun triatlón sprint. A competición comezará ás catro da tarde na praia de A Barbeira, dentro das instalacións do Parador Nacional de Baiona, desde onde terá lugar o inicio do segmento de natación.

Quizáis che interese…