MALA XORNADA PARA GALICIA NO EUROPEO DE TRÍATLON

11 de Xullo de 2015

As e os deportistas galegos tiveron unha discreta actuación no Campionato de Europa de Tríatlon, que se disputou hoxe en Ginebra (Suiza). Javier Gómez Noya e Pablo Dapena retiráronse na proba sénior, mentres que Inés Santiago foi 25ª e Andrés Cendán, 47º en júnior.

 

Javier Gómez Noya partía coma gran favorito, pero non estivo cómodo en momento algún. Saíu da auga xa moi retrasado e no inicio da bicicleta sufriu unha caída que lle obrigou a cambiar a roda e perdeu moito tempo. Desta forma, na bicicleta traballou e moito xunto a Pablo Dapena para intentar achegarase aos primeiros clasificados. Pero foi un traballo inútil, xa que ninguén máis colaborou neste esforzo. Así, na carreira a pe pagaron o esforzo realizado e tiveron que abandonar. David Hauss (Francia) proclamouse campión de Europa cun tempo de 01:52:55, mentres que segundo clasificado foi o suizo Sven Riederer (01:53:13).

 

Júnior. Na categoría júnior tampouco houbo boas novas para o tríatlon galego. Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) rematou na 25ª posición, nunha proba que foi gañada pola alemá Laura Lindemann, que está a participar en probas das Word Series. Na categoría masculina, Andrés Cendán foi 47º, mentres que Ignacio González (andaluz que milita no Arcade Inforhouse de Santiago) quedou na segunda posición, a só un segundo do campión de Europa júnior, o alemnán Lasse Lührs.

 

E o campionato de Europa rematará mañá domingo 12 cos grupos de idade en distancia standard (06:30 horas) e as probas de relevos elite (12:15 horas) e júnior (14:30 horas). Os equipos están formados por catro deportistas (dous homes e dúas mulleres) que realizarán un mini-tríatlon. Os integrantes dos relevos non se coñecerán ata o día anterior pola tarde, despois de saber como remataron as probas individuais. En relevos as distancias serán de 275 metros de natación, 6,8 quilómetros de bicicleta e 1,6 de carreira a pe.

 

Quizáis che interese…