Manuel Piñeiro e Mar Delgado, campións galegos de Dúatlon Cros en Vimianzo

10 de Xaneiro de 2023

O XIV Dúatlon Cros de Reis acolleu o Campionato Galego desta modalidade, ademais dunha proba de relevos por parellas e unha proba Supersprint. 

 

O pasado domingo 8 de xaneiro celebrouseo no Concello de Vimianzo o Campeonato Galego de Dúatlon Cros, unha proba moi esixente que disfrutaron máis de 200 deportistas.

Na categoría absoluta masculina, Manuel Piñeiro (Cidade de Lugo Fluvial) colocouse nas posicións dianteiras dende o inicio pero foi no percorrido de BTT onde marcou a diferenza para poder chegar á ultima transición cunha amplia vantaxe que lle permitiu disfrutar dos 3,6 quilómetros finais e levantar a cinta que lle proclamaba campión da proba e do Campionato Galego.
Por detrás, Marcos Mayo (Tríatlon O Treito), Gabriel Castiñeira (Triatlón Costa da Morte) e Alexandre Otero ( Club Tríatlon Rianxo) loitaban pola segunda e terceira posición. Todo decidiuse na última carreira a pé, onde Marcos Mayo realizou unha boa actuación chegando en segunda posición. Alexandre Otero completou o podio tras dar caza a Gabriel Castiñeira nos últimos quilómetros.

CLASIFICACIÓN:
1º Manuel Piñeiro (Cidade de Lugo Fluvial)  01:31:32
2º Marcos Mayo  (Tríatlon O Treito)  01:32:48
3º Alexandre Otero (Trítalon Rianxo) 01:33:28

Na categoría absoluta feminina, Mar Delgado (Tríatlon Ferrol) volveu a demostrar o seu excelente nivel deportivo desmarcándose do resto de competidoras dende o incio, chegando á meta cunha ampla vantaxe para proclamarse campioa galega. A segunda clasificada foi Vanessa Mella (Independente) quen non podía optar ao Campionato Galego. O terceiro posto na proba e o título de subcampeona galega foi para Mirian Iglesias (A.D. Media Ducia). Iria Fernández (A. Polideportiva San Rammón de Vilalba) chegaba a meta en cuarta posición, terceira no Cto. Galego, con algo mais de medio minuto de vantaxe respecto a Maria Elena Miguens (Club Olímpico de Vedra) quen disputou esa cuarta posición ata o final. 

CLASIFICACIÓN:
1ª Mar Delgado (Tríatlon Ferrol) 02:01:54
2ª Vanessa Mella ( Independente) 02:12:17
3ª Mirian Iglesias (A.D. Media Ducia) 02:18:42
4ª Iria Fernández (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)  02:21:13

Na distancia Estándar celebrouse tamén unha proba de relevos por parellas. Na categoría masculina o triunfo foi para Damián Novoa e José Ramón Villanueva (01:34:18); seguidos de Damián Álvarez e Carlos Valiña (01:37:47); e de Iván Rego e Martín Rego (01:47:17). Na categoría mixta os gañadores foron Noemi Pena e Alberto Gómez (01:37:47), o segundo posto foi para Raquel Ramos e Juan Carlos García (01:52:52) e o terceiro para Nereida Rodríguez e Fabián Rodríguez (01:52:56).

Ademais, o XIV Dúatlon Cros de Reis contou cunha proba Supersprint na que podían participar tanto deportistas de categorías menores, como participantes populares. Os gañadores en cada categoría foron:

CLASIFICACIÓN CADETE FEMININA:
1ª Mariña Esmoris (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)
2ª Daniela Rama (Tríatlon Inforhouse Santiago)
3ª Sara Basanta (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)

CLASIFICACIÓN CADETE MASCULINA:
1º Xabier Bautista (Club Deportivo Delikia)
2º Tomás Fernández (Club Deportivo Delikia)
3º Joel Barcia (A.D. Fogar)

CLASIFICACIÓN XUVENIL FEMENINA:
1ª Lucía Piñón (A.D. Náutico de Narón)
2ª Uxia Bautista (Club Deportivo Delikia)
3ª Noelia Rey (Tríatlon Inforhouse Santiago)

CLASIFICACIÓN XUVENIL MASCULINA
1º Anxo Bello (A.D. Fogar)
2º Daniel Vieito (Club Tríatlon Compostela)

CLASIFICACIÓN JUNIOR FEMENINA
1ª Ainoa Gontán (Tríatlon Inforhouse Santiago)
2ª Noa Atanes (A.D. Fogar)

CLASIFICACIÓN JUNIOR  MASCULINA
1º Rubén Otero (A.D. Fogar)
2º Gonzalo Cao (Tríatlon Inforhouse Santiago)
3º Adrao Fernández (A. Polideportiva San Ramón de Vilalba)

Por clubes o primeiro posto foi para o Tríatlon Inforhouse Santiago, segundo posto para A.D. Fogar e terceiro para A. Polideportiva San Ramón de Vilalba.

Na proba popular o gañador foi Xoel Blanco cun tempo de 00:36:33, seguido de Carlos Añón (00:37:05) e Nicolás Losada (00:37:26).

Quizáis che interese…