A localidade coruñesa de Sada acolleu na xornada de hoxe a disputa do Campionato Xunta de Galcia de Dúatlon Cros. O circuito ubicado nas inmediacións do icónico Pazo de Meirás. Doulle cabida a preto de 200 intrépidos duatletas chegados de toda Galicia.
Ás 11 da mañá sonou a bocina que dou saída á proba masculina na que o actual líder do Circuito Galego de Dúatlon Cros, Martín Regueira tomaba a dianteira, sendo o máis rápido no primeiro sector, seguido polo seu compañeiro de equipo, Adrián Rojo quen mantivo a segunda posición durante toda a proba. Nos 20 km de bicicleta de montaña o integrante do Club Tríatlon O Treito, Marcos Mayo tomou a cabeza da carreira cunha fantástica remontada que lle dou un bo colchón de tempo que lle permitiu manter as rendas da competición no segundo sector de carreira a pé. Completou o podio o vimiancés David Calzas.
Dez minutos máis tarde da sída masculina era a quenda das féminas. Fátima Paz, líder do Circuito Galego de Dúatlon Cros era quen impuxo as súa autoridade nos primeiros 5km de carreira a pé, seguida da duatleta da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Nuria Senra. A duatleta do clube naronés mostrou unha gran solidez no sector de ciclismo e fixose coa cabeza da proba, non abandonandoa ata a liña de meta. Facendose así co título de campiona galega de Dúatlon Cros. Acompañouna no podio María Martínez e María del Mar Delgado.