MARÍA ORTEGA E LUISMI VELÁSQUEZ PROCLÁMANSE GAÑADORES DO II DESAFÍO ILLAS CÍES

27 de Setembro de 2015

María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo) e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe gañadores do II Desafío Illas Cíes, no que participaron case 500 deportistas. Ambos tamén son os novos campións galegos de tríatlon de media distancia.

11220138_10208093015192607_5097571199600946541_nNa categoría feminina a neozelandesa do Cidade de Lugo Anneke Forrest foi liderando a proba dende o inicio. Foi a mellor na auga  e tamén no ciclismo, pero abandonou na carreira a pe. Por detrás viña unha moi sólida María Ortega (Tri-Penta) remontando posicións. Así, María logrou chegar á meta na primeira posición cun tempo de 4:36:48. A segunda posición foi para Camila Alonso, do Tríatlon Ferrol  (4:39:58), mentres que Sonia Pariente (GV Sport) acadou o bronce (4:43:31).

Na proba masculina o triunfo foi para Luismi Velásquez (TRi-Penta Terras de Lugo), que liderou a proba dende a natación. Na carreira a pe puido baixar un pouco o ritmo dada a vantaxe que tiña sobre os perseguidores. Chegou a meta na primeira posición cun tempo de 4:00:49. A segunda posición foi para o asturiano Daniel Bayón (Academia Civil) cun tempo de 4:05:08 e o bronce para José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo) cun tempo de 4:06:58.

Os participantes tiveron que nadar 1,9 quilómetros na praia do Vao, facer 90 quilómetros de ciclismo e rematar con 21,1 quilómetros de carreira a pe.

Campionato Galego. O Desafío era ademais o Campionato Galego de Tríatlon de Media Distancia. Na categoría masculina, o podio galego estivo formado por Luismi Velásquez (campión), José Manuel Pardo (prata) e Ricardo Rey (bronce). Na feminina, María Ortega é a campioa galega, mentres que Camila Alonso logrou a medalla de prata e Sonia Pariente foi bronce.

CLASIFICA TRIA DESAFIO CIES

Quizáis che interese…