MARTÍN CARRERA E ANAIS RIVAS CAMPIÓNS GALEGOS DE ACUATLÓN.

9 de Setembro de 2019

Combarro, unhas das vilas máis visitadas de Galicia, era a sede elexida para a celebración do Campionato Galego de Acuatlón. A organización da proba corríu a cargo do Club Ciclista Triatlón Poio e coa colaboración do Concello de Poio. Os deportistas tiñan que cubrir unha distancia de 1000 metros de natación e de 5km de carreira a pé.

Na proba masculina, Martín Carrera defendia o título acadado o ano pasado tamén en Poio. No segmento de natación Adrián Haz tomaba a dianteira da proba sacandolle unha vantaxe ao resto de competidores que non puido manter na carreira a pé, xa que foi superado polo propio Martín Carrera, completou o podio Denis Incutti.

En categoría feminina a vencedora sería Anais Rivas que despois de facer unha gran remontada nos 5km de carreira a pé chegaba en primeira posición á liña de meta, segunda foi Penelopé Martínez e terceira Micaela Tatiana Santillán.

Quizáis che interese…