MELINA ALONSO E ALBERTO CASTIÑEIRA, CAMPIÓNS GALEGOS DE ACUATLÓN

31 de Xullo de 2016

Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) proclamáronse o sábado 30 de xullo  campións galegos de Acuatlón en Cedeira.

Na categoría masculina absoluta o podio quedou composto por Alberto Castiñeira (ouro), Carlos Brión (prata e campìón júnior) e Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol).

Na feminina, Melina Alonso logrou o título, mentres que a prata foi para a júnior Ana Pérez (Motobike Galaico), que tamén se proclamou campioa nesa categoría.  Marta Barbeito (A.D. Fogar), que defendía o título do 2015, acadou a medalla de bronce.

Ademais da proba elite, tamén se celebraron os campionatos galegos de categorías menores, cos seguintes campións:

Benxamín: Julia Maneiros (Tríatlon Ferrol) e Damián Suárez (Natación Cedeira).

Alevín:  Víctoria Cons (Motobike Galaico) e Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol).

Infantil: Natalia Castro (Motobike Galaico) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial).

Cadete: Inés Castaño (Arcade Inforhouse) e Arturo Ramos (Tríatlon Compostela).

Nos seguintes enlaces tedes todos os resultados:

ClasificacionGeneral Cto Gall Acuatlón Adultos

Clasificación ALEV FEM      Clasificación ALEV MAS 

Clasificación BENX FEM     Clasificación BENX MAS

Clasificación CAD FEM        Clasificación CAD MAS

Clasificación INF FEM          Clasificación INF MAS

 

 

 

Quizáis che interese…