MODIFICACIÓN DATA NADA E CORRE MUROS A SÁBADO 22 DE NOVEMBRO

11 de Novembro de 2025

Comunicase o traslado da proba clasificatoria de  Nada e Corre de Muros á seguinte fin de semana.  Sábado 22 de novembro
Valorando a previsión  meteorolóxica por fortes ventos e moita choiva para a próxima fin de semana en Galicia con maior afectación  á Costa da Morte; o Concello de Muros consultando á FEGATRI  e tendo en conta que boa parte da proba de nenos se celebra ao aire libre,  para non causar trastornos de última hora, acordou trasladar ao sábado 22 de novembro no mesmo horario o NADA E CORRE clasificatorio de Muros
Modifícase así mesmo o prazo de inscrición e baixas quedando este aberto ata o próximo martes, 18 de novembro. 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.