Modificación de data -Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da Federacíón Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno traslado a 11/10/2024

Fegatri logo redes

26 de Setembro de 2024

Por cuestión persoal sobrevida que impide  que o presidente estea en Santiago o xoves día 10 de outubro, debe adiarse a Asemblea Xeral e trasladala ao día seguinte, vernres día 11 de outubro no mesmo horario e lugar. Prégamos disculpas por calquera transtorno que poida ocasionar e modifícase a convocatoria


CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

Por orde do Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e de acordo ao que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade,convocase aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria, na data e hora indicadas a continuación

  • Data: venres, 11 de Outubro de 2024
  • Hora: 19:30 h  1º convocaotria e 20:00 h. en segunda convocatoria
  • Lugar:  Hotel Santiago Apóstol  (Costa de San Marcos, 1, 15820 Santiago )

Orde do día,

  1. – Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
  2. .- Regulamentos Deportivos 2025
  3. .- Calendarios de Competición 2025
  4. – Modificación contas 2023
  5. .- Rogos e preguntas

* Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo venres 4  de outubro de 2024 ás 14:00 h. 

* A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 9  de outubro de 2024.

En Lugo a 10 de setembro de 2024.

 

 

Quizáis che interese…