Natalia Castro, 28ª na Copa do Mundo de Huatulco

17 de Xuño de 2023

O sábado, 17 de xuño, celebrouse a Copa do Mundo de Huatulco (México) na que participou a galega Natalia Castro.

Natalia rematou 28ª nunha proba cunhas condicións de calor extremas que influíron no seu rendemento. Como ela mesma di: “non foi nin a mellor, nin a peor actuación nunha Copa do Mundo pero sen dúbida foi unha boa experiencia da que saco cosas positivas”

A vencedora da proba foi Anahi Álvares (MEX), seguida de Gwen Jorgensen (USA) e Merceder Romero (MEX).

Resultados completos.

Quizáis che interese…