Natalia Castro acada a medalla de prata no Campionato Iberoamericano de Tríatlon

10 de Decembro de 2025

O calendario internacional de tríatlon afronta as súas últimas citas e, esta fin de semana, Punta del Este (Uruguai) acolleu o Campionato Iberoamericano de Tríatlon, celebrado en distancia sprint e coa participación de tres representantes españois: un triatleta na categoría masculina e dúas na feminina.

Na proba feminina tomaron a saída 26 deportistas. A natación desenvolveuse nun grupo moi estirado, aínda que o segmento ciclista permitiu reagrupar o pelotón e deixar a resolución final para a carreira a pé. Nese último sector, a brasileira Giovanna Lacerda mostrouse máis forte e levou o triunfo por só catro segundos sobre a galega do Club Deportivo Delikia, Natalia Castro, que asina un brillante final de tempada e faise coa medalla de prata tras impoñerse ao sprint á mexicana Natalia Casas, terceira clasificada.

En categoría masculina, o triatleta canario Vicente Hernández proclamouse campión iberoamericano, acadando ademais a segunda posición na clasificación xeral da proba.

Paralelamente, a mesma fin de semana disputouse en Dubai a primeira Copa do Mundo exclusivamente feminina de tríatlon, un fito no calendario internacional. A asturiana con licenza galega María Alzaga completou unha destacada actuación entrando en meta na décima posición.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.