• En Ceuta, os galegos loitaron ata o final, acadando posicións destacadas en ambas competicións… Nas mulleres, Natalia Castro chegou á meta na 6ª posición, seguida de María Alzaga en 23º lugar e por último, Elsa Pena que chegou en 32º lugar despois de sufrir un problema mecánico na bicicleta.
• Na carreira masculina, destacamos a gran actuación de Andrés Prieto, que saiu 2º da auga, manteuse no grupo de cabeza durante a bicicleta e tivo que loitar correndo tras estar algo malo nas últimas semanas… aínda así cruzou a meta na 22ª posición!! Tamén mencionamos a participación de Alexandre Ferreira, que tras sufrir unha caída na bicicleta hai uns meses e ter que deter os adestramentos, rematou en Ceuta na posición 44ª.
• Un pouco máis ao norte, o sábado en Roma, tivemos a participación da triarmada española, onde destacamos a actuación de Antonio Serrat, que foi o mellor español cruzando a liña de meta na 19ª posición!