A fin de semana do 4 e 5 de outubro celebrouse en Ceuta a Copa de Europa de Tríatlon, cunha destacada participación española.
Na categoría feminina, o triunfo foi para a madrileña Ana Carballo, seguida da italiana Asia Mercatelli, que levou a prata, e da galega do Club Deportivo Delikia, Natalia Castro, que conseguiu unha valiosa medalla de bronce.
Carballo impúxose cun tempo de 1:02:07, por diante de Mercatelli (1:02:14) e de Castro (1:02:22).

Esa mesma fin de semana disputouse tamén a Copa do Mundo de Tríatlon de Roma. O tríatleta galego Antonio Serrat, do Club Cidade de Lugo Fluvial, finalizou en cuarta posición, moi preto das medallas, que se decidiron ao sprint.

Na categoría de élite feminina, a española Sara Guerrero, do Club Náutico de Narón, acadou un top 10, rematando en décima posición.

Próxima parada: Tenerife
A próxima cita será esta fin de semana, o 12 de outubro, na illa de Tenerife, con motivo da Copa de Europa de Tríatlon.
Unha nova oportunidade para competir xunto coa elite do tríatlon europeo, con representación galega tanto na categoría feminina como na masculina.
Na élite feminina participarán Sara Guerrero, Natalia Castro e Ana Santiso, mentres que na categoría masculina o fará Jarno Pousada e Andrés Prieto.



