O 10 DE MAIO CELEBRARASE EN SANXENXO O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DISTANCIA CURTA SEN DRAFTING

8 de Maio de 2014

 O sábado 10 de maio terá lugar en Sanxenxo o I Tríatlon Rías Baixas-Campionato Galego de Tríatlon Curta Distancia sen Drafting 2014, coa participación de 340 deportistas.

 

O Campionato Galego dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe), e a saída, boxes e meta están situadas no Club Náutico de Sanxenxo. A principal novidade deste ano é que se disputarán sen drafting, é dicir, estará prohibido ir a roda doutro ciclista ou circular en pelotón.

 

A proba comezará ás oito da mañá na praia de Silgar e entre os participantes hai importantes triatletas. Na carreira feminina destacan Marta Barbeito (A.D. Fogar), Irene Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Rocio Porto (Motobike de Pontevedra), mentres que na masculina están inscritos Miguel Ángel Acuña (Cidade de Lugo Fluvial), Enrique Morán (Atletismo Porriño), Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo), Pedro Antonio Esmorís (Muralla de Lugo), José Manuel Pardo Leis (Muralla) ou Fabián Ubeira (Motobike), entre outros.

 

 

Quizáis che interese…