O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIATLÓN DISTANCIA OLÍMPICA CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA EN MURCIA

5 de Setembro de 2013

Los Alcázares (Murcia) acollerá esta fin de semana  o Campionato de España de Tríatlon na distancia olímpica con algunhas importantes ausencias. A próxima fin de semana celebrarase a Gran Final das Series Mundiais, polo que os mellores triatletas españois están preparándose para esta importantísima cita. Así, Javier Gómez Noya (que loitará polo título mundial), Mario Mola  ou Fernando Alarza (actual campión de España desta distancia) non poderán estar en Murcia.

 A proba de elite feminina celebrarase o domingo 8 ás 09:00 horas e na mesma estarán importantes triatletas galegas. Aída Valiño (Wild Wolf Cidade de Lugo) espera poder loitar polo triunfo, aínda que sae dunha escordadura de nocello que lle obrigou a abandonar o Campionato de España de Media Distancia hai dúas semanas. Ademais, tamén estarán en Murcia as irmás Melina e Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) ou Estefanía Domínguez e Marta Jiménez (ambas do Wild Wolf Cidade de Lugo). Marta tivo unha tempada bastante complicada por culpas das lesións e espera poder render por fin a un bo nivel.

A proba masculina (12:00 horas) terá importantes ausencias, pero aínda así haberá moi bos triatletas aspirando a este título e moitos deles son galegos. Óscar Vicente, Jesús Gomar e Pablo Dapena (Wild Wolf Cidade de Lugo) ou Brais Canosa, Antón Ruanova e Diego Paz (do Arcade Inforhouse) loitarán pola vitoria.

Tamén celebrarase o sábado 8 de setembro o campionato de España de paratri, que estará completamente desvalorizado, xa que os mellores paratriatletas non acudirán, xa que dentro de só unha semana terán unha importante cita en Londres. Así, por exemplo, a viguesa Susana Rodríguez non acudirá a Murcia.

As distancias este campionato son de 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe, e o pasado ano este torneo celebrouse na cidade de Pontevedra.

Quizáis che interese…