O Cidade de Lugo Fluvial asina un dobrete histórico nas Ligas de Tríatlon en Torremolinos

8 de Setembro de 2025

Torremolinos (Málaga) converteuse esta fin de semana, o 6 e 7 de setembro, no epicentro do tríatlon estatal coa disputa das tres últimas xornadas da Liga Iberdrola e a Liga Nacional, que incluíron o Campionato de España de Tríatlon por Clubs, os relevos mixtos e a modalidade SuperSprint 2×2.

O gran protagonista foi o Cidade de Lugo Fluvial, que acadou un dobrete histórico ao proclamarse campión da Liga Nacional masculina e da Liga Iberdrola feminina, tras conquistar o Campionato de España de Tríatlon SuperSprint 2×2 en ambas categorías.

Tamén houbo noticias destacadas para o resto de clubs galegos:

  • Competición feminina:

    • O A.D. Náutico de Narón asinou unha meritoria 4ª praza.

    • En 2ª división, o Club Deportivo Delikia proclamouse campión da Liga Iberdrola e logrará o ascenso á máxima categoría, acompañado polo Inforhouse Santiago, que tamén competirá en 1ª a próxima tempada. Dous ascensos que confirman o gran momento do tríatlon galego.
  • Competición masculina:

    • O Inforhouse Santiago mantense en 1ª división grazas a un sólido 7º posto.

    • O A.D. Náutico de Narón tamén conserva a categoría, finalizando 11º.

    • O Tríatlon Ferrol, pola súa parte, descende a 2ª, aínda que co obxectivo de volver pronto á elite.

    • Máis alegrías para o Delikia, que logra o ascenso en categoría masculina tras proclamarse campión da Liga Nacional de 2ª división.

    • O A.D. Fogar asegura a permanencia en 2ª, mentres que o Club Tríatlon Compostela perde a categoría.

Así, Torremolinos coroou unha tempada inesquecible para o tríatlon galego, que volve demostrar a súa forza e protagonismo a nivel estatal.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.