O Cidade de Lugo Fluvial gaña os Campionatos de España de Tríatlon por Clubs masculino e feminino de Primeira División.

27 de Xuño de 2024

A Liga Iberdrola e a Liga Nacional de Clubs de Tríatlon pecharon esta fin de semana en Pontevedra coa disputa da sexta e sétima xornada nos Campionatos de España de Tríatlon por Clubs e por Relevos Mixtos, nos que participaron uns 1700 tríatletas de clubs de toda España.

Tamén se celebraron durante a fin de semana as carreiras de promoción do circuíto nacional Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya.

No Campionato de España de Tríatlon por Clubs, os dous equipos do Cidade de Lugo Fluvial, masculino e feminino, lograron os títulos de Primeira División.

Sara Guerrero, do Náutico de Narón, gañou a carreira feminina de Primeira División, por diante de Noelia Juan, do CEA Bétera, e Ana Gómez, do Cidade de Lugo Fluvial.

A suma de puntos deixaba como campioas ás deportistas do Cidade de Lugo Fluvial, con 1251 puntos, por diante do CEA Bétera, con 1075, e o Náutico de Narón, con 1055.

As clasificacións pódense ver aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1166 

Na Primeira División masculina, a vitoria individual foi para Roberto Sánchez, da Universidade de Alicante, por diante de Jarno Pousada, do Cidade de Lugo Fluvial, e Pelayo González, de Peñota Dental Alusigma. Na clasificación de puntos, os campións foron os do Cidade de Lugo Fluvial, por diante da Universidade de Alicante e Peñota Dental Alusigma.

Na Segunda División masculina proclamouse como gañador da carreira individual Iván Puentes, do Tríatlon Ferrol, superando a Erik Yamir Ramos, do Tríatlon Compostela, e Albert Berrocal, de Katoa Barcelona. A suma de puntos deixaba como campións a Katoa Barcelona, seguidos por Tri Infinity Móstoles e Tríatlon Ferrol. Cos resultados acadados na Liga Nacional de 2ª División o Triatlón Ferrol consigue o ascenso e será en 2025 outro equipo galego na primeira división.

Na Terceira División feminina, o Deportivo Delikia conseguiu o ascenso a 2ª división para a próxima tempada.

O triunfo individual na Terceira División masculina foi para Andrés Prieto, do AD Fogar, e a 3ª posición foi para Pedro Afonso, do Deportivo Delikia. Serán equipos de Segunda División na próxima tempada o AD Fogar e o club Deportivo Delikia.

O domingo 23 pola mañá realizáronse as competicións do Campionato de España de Tríatlon por Relevos Mixtos, a última e decisiva xornada para as clasificacións das Ligas.

Nos relevos, o CEA Bétera impúxose na última xornada da Liga Iberdrola e Liga Nacional de Clubs de Tríatlon.

A segunda praza foi para Peñota Dental Alusigma, a once segundos do relevo gañador, e a 19 segundos chegaba na terceira posición o Cidade de Lugo Fluvial.

Na categoría Open, o podio do nacional de Relevo Mixto foi para o Club Deportivo Delikia.

As clasificacións completas están aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1167

Con estes resultados das últimas xornadas, o equipo campión da Liga Iberdrola de Tríatlon foi o Cidade de Lugo Fluvial, sumando un total de 367 puntos, polos 333 do CEA Bétera e os 329 do Náutico de Narón.

Na Primeira División da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon, o equipo masculino da Universidade de Alicante foi o gañador en cinco das sete xornadas da liga e impúxose con un total de 369 puntos, mentres o Cidade de Lugo Fluvial conseguiu 337 puntos e Peñota Dental Alusigma sumou 332 puntos.

Para máis información sobre a Liga Nacional de Clubs de Tríatlon, pode consultarse aquí: https://triatlon.org/competiciones/ligas-triatlon/liga-triatlon/ 

 

 

Quizáis che interese…