O CLUB DEPORTIVO DELIKIA E O CLUB TRIATLÓN COMPOSTELA ASCENDEN A 2ª DIVISIÓN NACIONAL NA 1ª XORNADA DA LIGA DE DUATLÓN 2024

5 de Marzo de 2024

A Liga Nacional de Clubes de Duatlón 2024 da Federación Española de Triatlón comezou en Albacete coa disputa dos Campionatos de España de Duatlón por Clubes en Primeira, Segunda e Terceira categoría. Na categoría elite e Primeira División, os equipos galegos deron todo no parque Abelardo Sánchez albacetense, colleitando as primeiras medallas colectivas da tempada FETRI.

Todos os resultados poden ser consultados aquí.

O sábado 24 de febreiro celebrouse o Campionato de España de Duatlón por Clubes.

Na 3ª división masculina destacamos o ascenso á 2ª división do Club Deportivo Delikia e do Club Triatlón Compostela. E tamén mencionar ao Club Natación Cedeira Muebles García que conseguiu a posición 24ª

Na 2ª división feminina temos que mencionar ao club Triatlón Inforhouse Santiago cun 4º posto, e na categoría masculina o club Triatlón Inforhouse Santiago acadou o 2º posto, o A.D. Náutico de Narón o 13º posto e o Club Triatlón Arteixo o 15º.

Na 1ª división feminina tivemos un magnífico traballo do A.D. Náutico de Narón ocupando o 2º posto no podio, mentres que o Cidade de Lugo Fluvial conseguiu a 5ª posición.

E para pechar a xornada do sábado, na 1ª división masculina, o Cidade de Lugo Fluvial acadou o 7º lugar e o Triatlón Ferrol a posición 12ª.

Na xornada do domingo 25 de febreiro, celebrouse o Campionato de España de Duatlón por Relevos Mixtos. No Relevo Mixto Élite tivemos varios equipos galegos: o Cidade de Lugo Fluvial acadou o 4º posto, o A.D. Náutico de Narón o 7º posto, o Triatlón Inforhouse de Santiago o 10º posto, o Triatlón Ferrol o 32º posto e o Triatón Arteixo o 33º posto.

Sen dúbida, un gran fin de semana para os equipos galegos nesta primeira xornada da Liga de Duatlón. Aínda quedan 2 máis por diante onde os equipos poderán seguir mellorando os seus resultados! Moitos ánimos para todos!

Quizáis che interese…