O programa “Nada e Corre” chega este domingo 14 de febreiro a Vigo, onde se celebrará a cuarta e última proba zonal do programa cunha participación de case 170 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, infantil, alevín e cadete.
O Nada e Corre de Vigo celebrarase no Complexo Municipal das Travesas a partir das 10:00 horas coa proba de natación coa participación de 11 prebenxamíns, 32 benxamíns, 45 alevíns, 45 infantís e 32 cadetes.
Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, ten como obxecto traballar en inverno a natación e a carreira. O programa “Nada e Corre”, que se desenvolve no primeiro trimestre do ano, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Viveiro, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final. Na final, que se celebrará o día 12 de marzo en Pontevedra, estarán os catro mellores de cada proba clasificatoria por categoría e sexo.
As distancias a realizar dependerán das categorías:
- Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
- Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
- Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
- Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
- Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.