O DOMINGO 30 DE XULLO CELEBRARASE O VII TRÍATLON CONCELLO DE ARTEIXO CON CASE 170 DEPORTISTAS

27 de Xullo de 2017

O VII Tríatlon Concello de Arteixo, terceira proba do  Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e clasificatoria para o Campionato Galego 2017, celebrarase o domingo 30 de xullo cunha participación de case 170 deportistas, entre a proba popular e as do circuíto.

A competición comezará ás 10:00 horas coa saída da popular na que os participantes terán que facer distancias máis curtas (300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe). A proba do circuíto disputarase sobre a distancia sprint (750-20-5). A saída, transición e meta estarán instaladas na praia de Sabón.

A categoría feminina comezará ás 12:30 coa participación de Inés Castaño (Arcade Inforhouse), flamante campioa de España júnior de Tríatlon e de Carmen Gómez (campioa de España de Acuatlón sub 23 e prata en elite). Ademais, tamén están inscritas Marta Barbeito (Naútico de Narón), Cristina Torres (Mar de Vigo), Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo) ou a nadadora olímpica Bea Gómez (Motobike Galaico) entre outras triatletas galegas.

Para a categoría masculina haberá dúas saídas: ás 11:00 h comezará a proba sen corte, mentres que ás 12:20 horas será a saída elite A. Entre os inscritos, Ismael Viéitez (Tríatlon Arteixo), Francisco Cendán (Talleres David Tríatlon Compostela), Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial) ou Iván Puentes (Tríatlon Ferrol).

 Ano 2016. Fernando Alarza e Claudia Rivas proclamáronse o pasado ano  vencedores do VI Tríatlon Concello de Arteixo, nunha proba moi especial, porque contaba con varios deportistas que participarían nos Xogos Olímpicos de Río.

 

Quizáis che interese…