O DUATLÓN E TRÍATLON CROSS,  PROTAGONISTAS ESTA FIN DE SEMANA EN CASTRO URDIALES

8 de Outubro de 2015

Castro Urdiales (Cantabria) converterase esta fin de semana na capital do duatlón e o tríatlon cross, tanto a nivel español coma europeo. Entre o sábado e o luns celebraranse o Campionato de España de Tríatlon Cross, o Campionato de España e o Europeo de Duatlón Cross e o Campionato de España de Cuadriatlón (categorías cadete, júnior, sub 23, paratríatlon, elite e grupos de idade).

 

Campionato de España e Europeo de Duatlón Cross. O sábado 10 de outubro (16:00 horas) celebrarase o Campionato de España e o Europeo de Duatlón Cross coa participación do galego Brais Misa (Atletismo Porriño). As distancias desta proba son de 6 quilómetros de carreira a pe, 22,5 quilómetros de ciclismo (en bicicleta de montaña) e 3 quilómetros de carreira a pe.

 

 Campionato de España de Cuadriatlón. O domingo 11 de outubro terá lugar unha proba dunha modalidade menos habitual: o cuadriatlón. As e os deportistas terán que amosar a súa habilidade na natación, piragüismo, ciclismo e carreira a pe.

 

Campionato de España de Tríatlon Cross. O luns 12 de outubro finalizará o evento coa celebración do Campionato de España de Tríatlon Cross coa participación de varios deportistas galegos. Podemos destacar en elite masculino a Raúl Blanco (Tri-Penta Terras de Lugo), Diego Paz (Arcade Inforhouse), ou Cristóbal Dios (Tríatlon Arteixo) e a Silvia Deira (Arcade Inforhouse) na feminina. As distancias en elite son: 1.000 metros de natación, 22,5 quilómetros de bicicleta de montaña e 6 quilómetros de carreira a pe.

Quizáis che interese…