A Unión Internacional de Tríatlon acaba de designar ao galego Miguel Fernández como delegado técnico dos Xogos da Mocidade, que se celebrarán en Bos Aires en 2018.
Un paso máis na magnífica traxectoria de Miguel Fernández, quen, a pesar da súa xuventude, xa conta cunha ampla experiencia como oficial, tanto en Galicia como a nivel nacional e internacional. Hai só un par de meses actuou como delegado técnico nos Campionatos de Europa de Tríatlon disputados en Lisboa (Portugal). Así mesmo tamén exerceu, entre outras, como oficial técnico nos Xogos Europeos de Bakú 2015 ou durante a primeira rolda das Series Mundiais de Tríatlon de Abu Dhabi a comezos do presente ano.
Noraboa para Miguel e o tríatlon galego!
*Foto: FETRI