O GALEGO UXÍO ABUÍN, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE DÚATLON EN  CERDANYOLA

3 de Abril de 2016

Máis medallas galegas en Cerdanyola. Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo) cumpriu os prognósticos que o colocaban coma un dos favoritos e proclamouse campión de España de Dúatlon en Cerdanyola na categoría absoluta. Ademais, Carmen Gómez foi prata en júnior feminino e Andrés Cendán, cuarto en júnior masculino.

 

Na proba de elite masculina o noso deportista Uxío Abuín foi o máis rápido nunha proba moi disputada dende o comezo. No primeiro segmento formouse un nutrido grupo que non permitiu escapadas, e na bicicleta o grupo foi perdendo unidades para finalmente quedarse formado por un cuarteto (Uxío Abuín, Sergio Lorenzo, Cristóbal García e Ignacio González). Os catro chegaron a T2 mandando, cuns 10 segundos de vantaxe sobre o pelotón principal. Así, todo se decidiu nos 2,5 quilómetros de carreira a pe finais, nos que se impuxo Uxío cun tempo de 59:55 nun apertado final. No podio tamén se situou o deportista malagueño do Arcade Inforhouse Ignacio Gónzalez (59:59). Tamén hai que destacar a quinta posición do galego Iván Cáceres (no Diablillos de Rivas, pero con licenza galega), cun tempo de 1:00:13.

 

Na categoría feminina non houbo bos resultados para as deportistas galegas e o título foi para Paula García Godino.

 

CfHBt2PXEAAsCSDCategoría júnior. Tamén houbo magníficos resultados para as e os deportistas galegos na categoría júnior. Na proba feminina, Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) loitou polo título ata o último metro, xa que a gañadora se decidiu ao sprint entre Cecilia Santamaría e Carmen Gómez. Ao final, triunfo para Cecilia (do Cidade de Lugo) cun tempo de 01:11:24 e prata para Carmen Gómez (01:11:25). Na 13ª posición, Carla Castaño, do Arcade Inforhouse. Sara Guerrero tivo que retirarse na bicicleta por unha picada na roda, cando ía no grupo perseguidor de Cecilia e Carmen.

 

Na proba masculina, o triunfo foi para o deportista do Arcade Inforhouse, o andaluz Alberto González (01:00:40), mentres que Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial) quedou fóra do podio por moi pouco. O galego foi cuarto cun tempo de 01:01:48

 

 

 

Quizáis che interese…