O CGTD E O GRUPO DE ALTO RENDEMENTO, SEGUIDOS FÓRA DE GALICIA

19 de Decembro de 2013

O bo traballo do Grupo de Alto Rendemento de Pontevedra resulta interesante no mundo do tríatlon, motivo polo cal Triatlon Channel se desprazou a Pontevedra esta semana para facer unha reportaxe sobre este grupo e o traballo que está a desenvolver dirixido por Omar González e a supervisión de Luis Piña.

Os magníficos resultados acadados polos triatletas galegos animaron a outros deportistas a desprazarse a Galicia para sumarse a este grupo e adestrar todos xuntos. Así, esta tempada sumaronse ao grupo Melina Alonso, Antonio Serrat, Fernando Alarza, Ricardo Hernández e Nan Oliveras. Melina e Antonio xa coñecen o CGTD porque traballaron nel e o caso dos outros tres triatletas é ben diferente. Chegan a Galicia e o centro atraídos polo bo traballo realizado polos adestradores galegos e co obxectivo de dar un salto de calidade na súa preparación.

Presidente de Castela e León. Ademais estes días, tamén estiveron visitando o Centro Galego de Tecnificación Deportiva o presidente da Federación de Castela e León, Amancio del Castillo; e o director técnico desta federación, co obxectivo de coñecer o centro e ver como adestran os máis pequenos. A Federación de Castela e León quere comezar a facer un traballo serio nas categorías inferiores e pensa que en Galicia pode atopar un modelo a seguir.

 

Quizáis che interese…