O II TRÍATLON BOAMORTE REUNIRÁ O DOMINGO 1 DE OUTUBRO EN SANXENXO A 175 PARTICIPANTES

28 de Setembro de 2017

O domingo 1 de outubro celebrarase en Sanxenxo o II Tríatlon Boamorte coa participación de 175 deportistas, no que será o último tríatlon da tempada galega e tamén a última proba puntuable para o circuíto no draft.  Esta proba disputarase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe) sen drafting, é dicir, os triatletas non poderán ir a roda doutro nin circular en pelotón durante o segmento de ciclismo.

Na categoría masculina, entre os inscritos, destacan Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), que acaba de vencer no Desafío Illas Cíes, Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo), Carlos Brión (Natación Riveira), José Luis Abadín (Team Corbelo), Ricardo Rey (NoSportLimit), Gustavo Barral (Tríatlon Coruña) ou Miguel Daporta (Olímpico de Vedra). Na proba feminina contamos coa vencedora do pasado ano, María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial), que terá como rivais a Ana Ramos (Artrogal-Tri 498), Mónica Alarcón (NoSportLimit) Olalla Duro (Artrogal-Tri 498), ou Miriam Portela (Team Corbelo), entre outras deportistas. A saída terá lugar, dende a praia de Baltar, ás 09:00 horas na proba masculina e dez minutos máis tarde na feminina.

Na primeira edición desta proba, celebrada o pasado ano, proclamáronse vencedores Gustavo Rodríguez e María Jesús Coya.

Quizáis che interese…