O C.N. Galaico acaba de crear a Escola de Tríatlon Motobike Galaico dirixida a nenas e nenos das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete que queiran iniciarse na practica do noso deporte.
As clases de natación terán lugar os martes e xoves (de 18:00 a 19:00) e serán dirixidos por adestradores do C.N. Galaico na piscina de Rías do Sur. Os sábados (de 12:00 a 13:00) será o momento para adestrar a carreira a pé e o ciclismo dirixidos polo adestrador nacional de tríatlon do club. Estes adestramentos terán lugar, fundamentalmente,na Illa das Esculturas.
Para máis información, dirixirse ás oficinas do C.N. Galaico en persoa, chamando por teléfono ao 986 853 545 ou ben por correo electrónico en galaico@cngalaico.com.