O PROGRAMA “NADA E CORRE” 2015 COMEZA ESTA FIN DE SEMANA EN LUGO E VIGO

5 de Febreiro de 2015

Esta fin de semana comezará  en Lugo e Vigo o programa “Nada e Corre” do 2015, unha iniciativa  da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos.

O Nada e Corre de Lugo, clasificatorio para o Galego, celebrarase o sábado 7 de febreiro a partir das 16:30 horas na Piscina Municipal de As Pedreiras coa participación de 127 nenos e nenas (27 benxamíns, 42 alevíns, 27 infantís e 31 cadetes). A carreira terá lugar na pista de atletismo Pérez Rivera.

Pola súa parte, a proba de Vigo está prevista para o domingo 8 de febreiro no Complexo Municipal As Travesas coa inscrición de 100 participantes (18 benxamíns, 29 alevíns, 23 infantís e 30 cadetes).

Este programa, que comezou no 2012, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar en inverno  a natación, de forma moi especial,  e a carreira, xa que os técnicos consideran importante traballar estes aspectos. Así o programa “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Lugo, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final. A final terá lugar o día 21 de marzo en Pontevedra  e para a mesma clasificaranse de cada proba os catro mellores por categoría e sexo.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Quizáis che interese…