O SÁBADO 13 DE MAIO CELEBRARASE O XXVIII TRÍATLON CONCELLO DE OLEIROS CON DOUSCENTOS PARTICIPANTES

11 de Maio de 2017

Este sábado 13 de maio (16:00 horas) celebrarase o XXVIII Tríatlon Concello de Oleiros, no que están inscritos 200 deportistas das categorías cadete, júnior, sub 23, absoluto, veterán 1 e veterán 2.

Entre as deportistas inscritas aparecen Marta Barbeiro (Náutico de Narón) ou María José Vázquez (NoSportLimit), e na proba masculina Ismael Fernández (Tríatlon Arteixo), Gustavo Barral (Tríatlon Coruña), Pedro Antonio Esmorís (Tríatlon Arteixo) ou Carlos Iglesias (Tríatlon Morrazo).

A proba celebrarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 21 quilómetros de bicicleta e 5,5 de carreira a pe). A natación terá a súa saída (16:00 horas) na praia de Santa Ana, con chegada á praia de Mera. A meta estará ubicada no Parque da Lagoa de Mera.

O pasado ano proclamáronse campións do Tríatlon de Oleiros Salomé Calviño (A.D. Fogar) na categoría feminina e José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo) na masculina.

 

 

Quizáis che interese…