Allariz acollerá o XXXIII Tríatlon Vila de Allariz o sábado 23 de agosto

28 de Xullo de 2025

Allariz acollerá o XXXIII Tríatlon Vila de Allariz o sábado 23 de agosto

O Concello de Allariz, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, organiza unha nova edición do Tríatlon Vila de Allariz, que terá lugar o próximo sábado 23 de agosto de 2025, a partir das 18:00 horas.

Esta XXXIII edición disputarase na modalidade sprint, consistente en 750 metros de natación, 24 quilómetros de ciclismo e 5.000 metros de carreira a pé. A participación está limitada a 125 deportistas, aos que se suman 25 prazas reservadas pola organización.

Na presentación oficial do evento participaron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Deportes, Carlos Puga, e o coordinador deportivo municipal Javier López, os cales destacaron o gran valor desta proba no calendario deportivo local, tanto polo seu nivel competitivo como pola promoción do deporte ao aire libre.

As inscricións estarán abertas do 1 ao 18 de agosto, ou ata esgotar prazas, e poden facerse a través da web da Federación Galega de Tríatlon: www.fegatri.org. Poderán participar tanto deportistas federados como persoas non federadas, que deberán tramitar unha licenza de un día.

Para os deportistas empadroados en Allariz, a organización reserva 25 prazas especiais, e a súa inscrición deberá facerse mediante correo electrónico a deportes@allariz.gal.

A recollida de dorsais realizarase o día da proba, entre as 16:30 e as 17:30 horas na Alameda de Allariz, seguida do control de material e a reunión técnica.

Para máis información e inscricións:
👉 www.fegatri.org
👉 Correo para deportistas locais: deportes@allariz.gal

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.