O SÁBADO 24 DE FEBREIRO CELEBRARASE O DÚATLON ESCOLAR DE LUGO CON MÁIS DE 70 DEPORTISTAS

22 de Febreiro de 2018

Máis de 70 deportistas (das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete) participarán o sábado 24 de febreiro no Dúatlon Escolar de Lugo, proba clasificatoria para o Provincial. Esta é a segunda proba do Dúatlon Escolar do presente ano, despois da celebrada a semana pasada en Carballo.

O Dúatlon Escolar de Lugo celebrarase no Paseo do Rato a partir das 16:00 horas coa saída da proba benxamín co 24 participantes, que correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e rematarán con 250 metros de carreira a pe. As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en alevín –con 23 deportistas- as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil hai 13 duatletas inscritos que realizarán 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e en cadete hai 12 participantes que farán 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 quilómetro de carreira.

O programa consta de varias probas locais ou zonais, nas que se clasifican os 25 mellores por categoría e sexo para as fases provinciais e aquí lograrán o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

Quizáis che interese…