O SÁBADO TERÁ LUGAR O I DÚATLON POPULAR CONCELLO DO PORRIÑO

19 de Setembro de 2013

O sábado 21 de setembro celebrarase o I Dúatlon Popular Concello do Porriño, cunha participación total de 150 deportistas. A demanda de participación foi tan alta que o prazo de inscrición pechouse un día antes do remate previsto, ao alcanzar o número de inscritos máximo marcado pola organización.

O Dúatlon do Concello do Porriño coincide coas festas desta localidade e o obxectivo é achegarse a todas as idades. Desta forma, haberá un dúatlon de categorías menores (16 horas) e con distancias máis curtas (1 quilómetro de carreira a pé – 4 quilómetros de bicicleta – 500 metros de carreira a pé). Posteriormente, terá lugar a proba para os maiores (17 horas) que será sobre a distancia sprint (5  qm. de carreira a pé – 20 qm. en bicicleta – 2,5 qm. de carreira a pé). A saída, transición e meta estará situada na Avenida Domingo Bueno, mentres que a recollida de dorsais realizarase no Centro Cultura (preto do punto de saída).

 

 

Quizáis che interese…