O VII Triatlon da Amizade, que este ano é ademais o Campionato Galego de Tríatlon Cross, celebrarase o próximo día 22 de setembro entre as localidades de Tomiño e Vila Nova de Cerveira.
A Federación Galega de Tríatlon fixo coincidir a celebración do Campionato Galego de Tríatlon Cross co Tríatlon da Amizade, que se celebra dende hai xa varios anos entre Galicia e Portugal, coa organización alterna das federacións respectivas e a colaboración dos Concellos de Vila Nova de Cerveira (Portugal) e o Concello de Tomiño. Ademais da proba sénior, haberá unha proba de menores, que se disputará no lado de Portugal.