Oferta de Emprego – Técnica Coordinadora Programa Lideresas/Amazonas 2026- Galicia

4 de Febreiro de 2026

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno busca unha técnica para desenvolver o programa Lideresas-Amazonas 2026 da Federación Española de triatlón en Galicia

A súa función será o desenvolvemento do programa Amazonas-Lideresas 2026* en Galicia, impulsando o triatlón feminino co obxectivo de incrementar a participación de nenas e mulleres, fortalecer a base federativa e profesionalizar referentes femininos dentro do ecosistema autonómico e nacional.

POSTO DE TRABALLO
Técnica coordinadora do programa Lideresas-Amazonas 2026*

DURACIÓN E MODALIDADE DO CONTRATO
– Anual.   Modalidade a convir (Preferiblemente Profesional Autónoma pero estudarase posible contratación por conta allea)

REQUISITOS:  Adestradora  con licenza  de Técnica de Triatlón en vigor

SALARIO:  10.000 euros brutos 

PROGRAMA AMAZONAS- LIDERESAS 2026*

  • Obxectivo: Impulsar o desenvolvemento do tríatlon feminino  coa creación de referentes capaces de inspirar, captar e acompañar a novas deportistas dende a iniciación ata os grupos de idade, contribuíndo a:
    1.  Promover a creación de novas escolas.
    2.  Favorecer o crecemento e consolidación de escolas existentes na Comunidade Autónoma.
    3.  Impulsar a formación e captación de oficiais
    4.  Promover a incorporación ao Programa de Escolas de Excelencia, así como accións de auditoría e seguemento de candidaturas.
    5.  Desenvolvemento de accións de difusión e presenza institucional en  Concellos, centros educativos e instalacións deportivas.
    6.  Apoiar a captación de talento dende clubs e escolas do territorio.
  • Finalidade:
    •  Incrementar a participación feminina no ámbito do triatlón.
    •  Xerar referentes reais e accesibles na Comunidade Autónoma.
    •  Profesionalizar a figura da delegada FETRI.
    •  Unificar criterios, metodoloxía e estándares de actuación en todo o territorio nacional.

SOLICITUDES
Aquelas persoas interesadas na praza ofertada poderán dirixir a súa proposta, á seguinte dirección de correo electrónico  info@fegatri.org xuntando o seu Curriculum Vitae, acreditacións correspondentes e carta de motivación, ata o próximo sábado,7 de febreiro de 2026.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.