Moitos éxitos dos triatletas galegos nas competicións deste fin de semana.
Campionato do Mundo de Tríatlon en Hamburgo
O triatleta galego Antonio Serrat participou no Campionato do Mundo de Tríatlon que se celebrou este fin de semana na localidade alemana de Hamburgo, chegando en vixexima cuarta posición como primer español, en unha carreira onde acadou a victoria final o triatleta francés Vincent Luis, proclamándose Campión do Mundo 2020.
Copa de Europa Junior en Banyoles
Na categoría feminina da Copa de Europa Junior celebrada o fin de semana en Banyoles, a triatleta do Náutico de Narón Natalia Castro, becada no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, acadou a terceira posición por detrás da española Helena Moragás e a portuguesa María Tomé.
Na categoría masculina o triatleta galego Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial, acadou a segunda posición na proba da Copa de Europa Junior. E Jorge Mariño chegou na cuarta posición a poucos segundos do podio.
Campionato de España de Tríatlon Olímpico
Despóis do éxito de Pontevedra era o turno de Banyoles (Girona). A Federación Española de Tríatlon, seguindo o protocolo de actuación contra o Covid19 e cumplindo co as medidas de seguridad sanitaria, celebrou o Campionato de España de Tríatlon Olímpico onde os galegos brillaron en tódalas categorías, destacando o Cidade de Lugo Fluvial que acadou o título por relevos mixtos.
A triatleta do Náutico de Narón, Paula Herrero proclamouse Campiona de España de Triatlón Olímpico na categoría feminina e Cecilia Santamaria do Cidade de Lugo Fluvial acadou a victoria na categoría Sub23.
Na categoría masculina a victoria foi para Alberto González do Arcade InforHouse e os tres triatletas do Cidade de Lugo Fluvial, Viñuela, Cendán e Pereira chegaron na terceira, cuarta e quinta posición tras un brillante final. Andrés Cendán acodou o bronce na categoría Sub23.