O domingo 7 de abril a cidade do transporte de San Cibrao das Viñas acollerá o campionato galego de dúatlon en estrada.
Tras a celebración das tres probas clasificatorias (Poio, Lugo e Santiago) 90 son os homes clasificados e 65 mulleres, que disputarán o próximo domingo o título de campiona e campión galego de dúatlon de estrada 2019. Os deportistas enfrontaranse á novidade dunha proba que entra por primeira vez no calendario galego de dúatlon.
A competición levarase a cabo nun circuito que discurrirá íntegramente dentro do polígono industrial. Segundo os organizadores o segmento de bicicleta discurrirá por un trazado rápido, ao non ter desnivel, e técnico, porque os duatletas rodarán a gran velocidade por diferentes rúas.
A casa consistorial acolliu onte a presentación da proba. Ao acto asistiu o alcalde Manuel Pedro Fernández, a concelleira de deportes Marta Novoa. En representación do Clube Atletismo Corredores do Miño o seu presidente, Marcos Blanco e por parte da Fegatri, o delagado en Ourense José Manuel Fernández. A proba aparte do carácter competitivo que representa coa disputa do Campionato Galego de Dúatlon de Estrada. Terá tamén unha parte solidaria, xa que o recaudado destinarase a AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple)