PABLO DAPENA, CUARTO NA COPA DE ASIA DE HONG KONG

2 de Novembro de 2015

O triatleta galego Pablo Dapena pechou a tempada acadando a cuarta posición na Copa de Asia de Hong Kong, que se disputou esta fin de semana.

O deportista do Cidade de Lugo Fluvial, que a pasada semana tivo que retirarse da Copa do Mundo de Tongyeong por molestias nun pe, sufriu moito no último segmento da carreira a pe por culpa desas molestias nun pe. O deportista indicaba no seu twitter: “Os últimos 2.5 km máis dolorosos da miña vida pero…4a posición en . Ahora a descansar corpo e mente”.

Pablo rematou a proba na cuarta posición cun tempo de 58:04 e sufrindo especialmente no sector da carreira a pe.

 

Resultados

Quizáis che interese…