Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) despedirá a tempada na Copa do Mundo de Tongyeong (Corea do Sur), que se disputará o día 25 de outubro. Pola súa banda, Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) competirá na Copa de Europa de Larache.
A Copa do Mundo de Tongyeong será a última da tempada e o galego viaxou coa intención de seguir sumando puntos no ránking internacional de cara á próxima tempada. Esta proba celebrarase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe).
Por outro lado, sinalar que Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) será a nosa representante na Copa de Europa de Larache, que se celebrará o sábado 24 de outubro sobre a distancia sprint (750–20–5). En Larache participarán un total de 300 triatletas pertencentes a 20 países.