Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) e Marta Barbeito (A.D. Fogar) proclamáronse hoxe en Vigo campións galegos de Acuatlón 2015.
Foi a primeira das probas celebradas dentro do Desafío Illas Cíes. Finalmente, Javi Gómez Noya non participou por culpa dunha gripe. Así, o trío formado por Pablo Dapena, Carlos Galisteo e Andrés Cendán loitou dende o principio polo triunfo e todos eles tiveron opcións ata o final. Dapena logrou impoñerse cun tempo de 29:20, mentres que Carlos Galisteo (Talleres David) foi segundo cun tempo de 29:26) e Andrés Cendán (Talleres David) foi o bronce, a só un segundo.
Na categoría feminina, triunfo para Marta Barbeito (A.D. Fogar), que foi a máis regular da proba. A segunda posición foi para María Ferreira (Trivigo Boyer Triathlon), que se impuso no sprint a Sandra Sobreira (Atletismo Porriño).